Como xa sabedes, o noso centro participa no programa Erasmus+. Participamos na modalidade KA1: Mobilidade educativa das persoas. Os obxectivos deste programa son: “Promocionar a mobilidade educativa das persoas e os colectivos, tanto do alumnado como do persoal, así como a cooperación, a calidade, a inclusión e a equidade, a excelencia, a creatividade e a innovación a nivel das organizacións e as políticas a través da aprendizaxe permanente, o desenvolvemento educativo, profesional e persoal das persoas nos ámbitos da educación e a formación, a xuventude e o deporte, dentro de Europa e fóra do seu territorio, contribuíndo así ao crecemento sostible, ao emprego de calidade e á cohesión social, ademais de a impulsar a innovación e fortalecer a identidade europea, a cidadanía activa e a participación na vida democrática.” Tal e como se recolle no noso proxecto, unha vez analizadas as necesidades máis importantes no noso centro para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e polo tanto poder introducir cambios para beneficiar a aprendizaxe do noso alumnado, o programa Erasmus+ permitiunos realizar mobilidades a 5 mestras do colexio ao longo deste curso. A mobilidade da que vamos falar a continuación é a que realizamos Raquel Martínez Salgado e Manuela Becerra Castro do 25 ao 30 de abril de 2022 en Venecia para asistir á seguinte formación: “ENSEIGNER ET APPRENDRE À TRAVÉS L´ART” “ENSEÑAR E APRENDER A TRAVÉS DA ARTE” Esta formación foi levada a cabo pola institución: European Cultural Academy
Pinchade no documento adxunto para acceder a toda a información sobre a formación.
|
|||||||