O día 23 de febreiro celébrase o nacemento dunha das nosas figuras máis importantes da nosa cultura: ROSALÍA DE CASTRO. Ao longo destas semanas todo o alumnado do noso centro estivo traballando sobre a autora seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos as propostas consistiron en: - O alumnado de educación infantil, 1º e 2º ciclo de primaria pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo escribiron unha palabra dalgún dos seus poemas ou algunha que lles gustara especialmente. - O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria tamén pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro pero en cada pétalo escribiron un verso de Rosalía de Castro. Ademais o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recitaron poemas da autora, o alumnado de 5º e 6ºA de educación primaria elaboraron uns HAIKUS e o alumnado de 6ºB escribiron e interpretaron un RAP. Queremos compartir con todos vós este fantástico traballo. Para acceder pinchade nas imaxes que aparecen a continuación: - VÍDEO DOS PENSAMENTOS acompañado DO RAP ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6ºB: - ALUMNADO DE 3º E 4º EP RECITANDO A ROSALÍA:
- HAIKUS ALUMNADO DE 5ºEP:
- HAIKUS ALUMNADO DE 6ºA - RAP DO ALUMNADO DE 6ºB:
|
|||||||||||||||