Aproveitando que no currículum de 6º E.P. aparece o tema da " Nutrímonos", os alumn@s de 6ºA elaboraron o menú que el@s tomaron cada día durante unha semana. Despois colgámolos na cortiza da clase, xunto coa pirámide alimentaria , e fixemos unha pequena reflexión sobre como é a nosa alimentación diaria e que hábitos debemos modificar para comer de xeito máis saudable.