O grupo os Cristinatreiros(integrado por alumnos/as de 3º de E.Primaria) do noso centro foi seleccionado como finalista do XX Concurso escolar de teatro lido “Xosé Manuel Eirís”. Onte estiveron nas instalacións de Radio Voz gravando a súa obra " O conto dos sete medos" O próximo xoves 11 de Novembro poderedes escoitalos ás 13.45 horas en Radio Voz- Bergantiños. Non volo perdades! Nos próximos días o xurado reunirase de novo para seleccionar a orde dos premiados, patrocinados pola Libraría Brañas, que serán entregados o domingo 14 de novembro ás 18 horas no auditorio do pazo da Cultura. Neste acto, os/as gañadores/as volverán a realizar a lectura dramatizada da súa obra para todo o público asistente. Parabéns a Carmen, Paula,Lucía, Luna, Julia,Ana, Ross,Roque e a súa titora Maica, polo premio e o voso excelente traballo. NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-BERGANTIÑOS
|
|||||||