Un centro Plurilingüe é aquel onde se imparte nunha lingua estranxeira área/s ou materia/s non lingüísticas. O Proxecto de Plurilingüismo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dou un paso adiante coa Orde do 12 de maio de 2011 que regula os Centros Plurilingües na nosa Comunidade Autónoma e móstranos esta tendencia a mellorar a competencia lingüística en varias linguas do noso alumnado. Consideramos, polo tanto, que o Proxecto de Centro Plurilingüe, adapta, dalgún xeito, o ensino ás demandas da vida real. O CEIP Plurilingüe A Cristina comezou a súa andaina no Proxecto do Plurilingüismo no curso 2019-2020; aínda que anteriormente contabamos cun proxecto similar chamado “seccións bilingües”. Actualmente, todos os cursos contan coa docencia de “Educación Artística: Educación Plástica e Visual” na lingua estranxeira inglés. A elección desta materia como a inicial para desenvolver o Proxecto é porque nela o alumnado atópase nun entorno distendido, comunicativo, instrumental e creativo; con moitas posibilidades de promover o uso da lingua: coñecemento de vocabulario diverso, integración de aprendizaxes, fomento do propio autoestima e a valoración da lingua estranxeira; todo isto contribúe, de xeito moi directo, a crear toda unha gama de competencias persoais, sociais e profesionais. En relación ao Proxecto Plurilingüe de Centro, ofrecéusenos a posibilidade de participar no Proxecto Erasmus +, unha iniciativa coordinada e supervisada polo CEFORE (Centro de Formación e Recursos) onde o obxectivo principal é dar oportunidades para que o alumnado e o profesorado emprendan unha experiencia de aprendizaxe noutro país. En relación a isto, este ano organizamos cinco mobilidades, das cales, dúas de elas non se puideron levar a cabo debido á suspensión do curso polo Covid19. As outras 3 mobilidades foron realizadas en Islandia e Holanda. Para máis información sobre o tema, visitade o apartado de Experiencias/mobilidades. Por último engadir que, no apartado de Actividades, colgaranse exemplos dos materiais e recursos e das actividades levadas a cabo dentro da aula, que empregamos nas clases de Educación Plástica e Visual nos distintos cursos. Esperemos que sexan do voso agrado.
Moitas grazas.
________________________________________________________________________ A multilingual center is the one where a non-linguistic area/as or non-linguistic subject/s is taught. The Plurilingualism Project of the Consellería de Educación e Ordenación Universitaria has taken a step forward with the Orde do 12 de maio do 2011 that regulates the Multilingual Centers in the Autonomous Community and shows us this tendency to undermine linguistic competence in various languages of our students. We consider, therefore, that the Multilingual Center Project, adapts some success or ensigns the demands of real life. O CEIP Plurilingüe A Cristina started its journey in the Plurilingualism Project in 2019-2020 course; In addition, we previously had a similar project called “bilingual sections”. Currently, all courses are taught in "Art and Craft" in the English language. At the choice of this subject as an initial to develop the Project is because in this subjet the students stumble into a relaxed, communicative, instrumental and creative environment; with many possibilities to promote or use the language: knowledge of diverse vocabulary, integration of learners, promotion of self-esteem and appreciation of the foreign language; all is contributing, from direct success, to creating a whole range of personal, social and professional skills. In relation to the Multilingual Center Project, offer us the possibility of participating in the Erasmus + Project, a coordinated and supervised initiative by CEFORE (Centro de Formación e Recursos) where the main objective is to provide opportunities for students and teachers to undertake a learning experience. In relation to this, this year we organized five mobilities, of which, two of them, which could not be carried out due to suspension of the course by the Covid19. The other 3 mobilities were made in Iceland and Holland. For more information, you can visit the topic, Experiences / mobility section. Finally add that in the topic Activities, you have examples and resources that we are doing and you also can find photos of the activities we do in Art and Craft. We hope you enjoy them.
Thank you. |
|||