Act. Compl. e Extraesc.

Percuterapia

O pasado luns tivemos sesión doble de percuterapia.

Poidemos desfrutar da Fundación Igualarte, sendo unha experiencia sensorial maravillosa que desperta todos os sentidos co seu conto.

E, ademais, tivemos a sorte de ter con nós Percuterapia facendo que o comezo de semana fose moi divertido e motivador!

Arde Lucus

O Arde Lucus chegou ao Santa María!!

Hoxe desfrutamos da celebración e da visita ao campamento da Garda Mariana por parte da Garda Pretoriana.

Tivemos desfilem vodas, comidola, baile... e festa! Moita festa!!!

Proxecto Total Social 2024

Este ano temos a sorte de participar de novo no Proxecto Total Social. O ano pasado participamos cunha actividade de yoga na que o pasamos xenial.

É o segundo ano que poñen en marcha este proxecto e, saíndo tan ben de primeiras, como vai a saír de segundas? Increíble vai ser!

Moitas gracias por contar con nós!

A vós.. contarémosvos que faremos este ano!

Visita á Policía Autonómica

Boas!

Este mes fumos a facer unha visita á Policía Autonómica. Fumos en pequenos grupos ó longo de 3 semanas.

Convertímonos en grandes policías, visitamos os calabozos, vimos as súas ferramentas e os seus locais de traballo, subimos nos seus coches e ata tocamos a sirena! 

E... aínda que era un pequeno segredo, colámonos no despacho do xefe, non o comentedes, non vaia ser que nos veñan a buscar para os calabozos!

Moitas gracias polo voso trato!

VI Concurso de cocina

Dende a Asociación ASPACE invitáronnos a asistir como público ao semifinal do seu programa: "en ASPACE cociñamos xuntos". 

Foi na praza de abastos, e como podedes ver, foi moi interesante ver as adaptacións que tiñan para poder cociñar. 

Aquí vos deixamos algunhas das cousas que vimos. 

 

 

Movéndonos

Onte pola tarde, xoves 11 de maio, algúns nenos e nenas do internado tiveron a sorte de poder desfrutar dunha actividade de ximnasia de mantemento en Cogami.

Isto foi gracias ao Proyecto Total Social, onde colaborarou tamén o clube de fútbol polvorín axudando aos asistentes. 

Aquí vos deixamos unha mostra do que se fixo. 

Pasamos unha tarde xenial!

2 de maio: Día Internacional contra o acoso escolar

O pasado martes 2 de maio foi o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Ao longo da semana pasada estivemos facendo varias actividades para conmemorar este día que non debería existir. 

O primeiro que fixeos foi traballar co conto "Invisible" e facer entre todo o alumnado do centro un mural na entrada do cole. 

 

Traballamos tamén co conto "Mochilas". Repartiuse a cada neno e a cada nena unha mochila que tiña dentro unhas tarxetiñas que intercambiaron no patio. Ademáis,  cada alumno decorou a sua mochila como máis lle gustaba. Aquí tendes algúns resultados. 

 

Por último, o venres recreamos entre todos e todas unha palabra no chan.

 

STOP BUYLLING

 

CINE AS TERMAS

 

Hoxe, 30 de marzo, fomos ó cine do centro comercial As Termas. A película que vimos foi "O gato con botas, o último desexo" e a maioría de nós gustounos moito.

 

Foi unha experiencia moi divertida porque estabamos nós solos na sala do cine. 

 

Pasámolo xenial!

 

 

 

 

Día Mundial do Síndrome de Down

Aínda que hoxe se celebra o Día Mundial do Síndrome de Down, nós xa levamos traballando este día no cole dende a semana pasada. 

 

O mércores día 15 fixemos unha xuntanza de convivencia con algúns usuarios da Asociación Down Lugo: ensinámoslles a noso centro, coñecémonos un pouco, xogamos xuntos e tomamos unha merenda. 

Foi moi divertido!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, onte, os máis peques do cole tivemos a sorte de poder desfrutar do conto de Elmer cun teatro de sombras. Ao rematar decoramos entre todos un Elmer xigante con texturas

 

 

 

 

 

 

Gústavos o resultado?

 

 

Coñecendo a nosa historia

Este luns día 27 de febreiro y formando parte do proxecto "Un pouco de nós", fixemos unha saída para coñecer un pouquiño máis a noso entorno e a súa historía. 

Na primeira parte da saída a maioría do alumnado do centro fixemos un recorrido preto do cole. Voltamos para descansar e merendar e algúns fixemos unha saída un poquiño máis longa polo centro de Lugo e a súa muralla. 

Esta visita fíxose posible gracias a Guido Guía, quen nos contou moitas curiosidades durante o recorrido. 

Sabiades que a cor orixinal da muralla era o branco?