O pasado martes 2 de maio foi o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Ao longo da semana pasada estivemos facendo varias actividades para conmemorar este día que non debería existir.
O primeiro que fixeos foi traballar co conto "Invisible" e facer entre todo o alumnado do centro un mural na entrada do cole.
Traballamos tamén co conto "Mochilas". Repartiuse a cada neno e a cada nena unha mochila que tiña dentro unhas tarxetiñas que intercambiaron no patio. Ademáis, cada alumno decorou a sua mochila como máis lle gustaba. Aquí tendes algúns resultados.
Por último, o venres recreamos entre todos e todas unha palabra no chan.
STOP BUYLLING