Visita á Policía Autonómica

Boas!

Este mes fumos a facer unha visita á Policía Autonómica. Fumos en pequenos grupos ó longo de 3 semanas.

Convertímonos en grandes policías, visitamos os calabozos, vimos as súas ferramentas e os seus locais de traballo, subimos nos seus coches e ata tocamos a sirena! 

E... aínda que era un pequeno segredo, colámonos no despacho do xefe, non o comentedes, non vaia ser que nos veñan a buscar para os calabozos!

Moitas gracias polo voso trato!