Act. Compl. e Extraesc.

CLASE DE PILATES

O pasado venres 24 de febreiro tivemos a sorte de poder desfrutar dunha clase de pilates. Isto foi posible grazas a un proxecto social organizado pola empresa Total Sport, coa colaboración do Concello de Begonte e coa Asociación APALU de Párkinson. 

Dende o centro queremos agradecer ó  Concello de Begonte a súa donación das esterillas para o cole.

Moitísimas grazas!

 

DIVERLAND

Aínda estamos recordando todo o que vivimos no Entroido. Por iso, queremos compartir con vós un resumo da saída que fixemos algunhas aulas do centro ó Diverland o pasado 16 de febreiro.

Pasámolo xenial!

APALPADORA

Hoxe tivemos a sorte de poder desfrutar dunha actuación musical no centro. A Apalpadora contounos un pouco de onde viña e que facía. Ensinounos tamén algunhas cancións sobre a nosa Terra. 

O espectáculo foi organizado pola Deputación de Lugo e solicitouse a través da ANPA do centro. 

Pasámolo moi ben cantando e bailando. 

 

 

XUVENLUGO

O pasado venres 9 de decembro visitamos XuvenLugo

Aínda que non estaban todas as atraccións abertas pasámolo moi ben

¡Foi moi divertido!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo dese día.

 

 

3 de decembro: Día Internacional das persoas con discapacidad

Hoxe é o Día Internacional das persoas con discapacidades, con capacidades diferentes. Dende o Equipo de Actividades Complementarias propuxe, tendo como referencia o conto dos "Superpoderes" darlle a volta a este día. Non pensar nas cousas que non podemos facer, as nosas debilidades, senon todo o contrario. Pensar nas nosas fortalezas, as cousas que se nos dan ben, os nosos SUPERPODERES.

Aquí tendes os superpoderes dos nenos e nenas do CEE Santa María 

 

E ti? Que superpoder tes?

O libro da selva

Onte fomos ao Gustavo Freire a ver unha obra musical do Conservatorio de Danza pola gala de fin de curso.

A Obra que vimos foi o libro de Selva. Gustounos moito a todos; tanto, que nin nos lembramos de facer fotografías.

Aquí vos deixamos unha foto nun dos autobuses que nos levou ata o auditorio. 

CD LUGO

Hoxe, algúns de nós, tivemos a sorte de poder visitar o campo de fútbol do Ceao para ver un pouquiño do adestramento dos xogadores do CD LUGO. 

 

 

Despois de ver como traballaban, baixamos ó campo e falamos con eles, fixemoslles preguntas, contáronnos algunhas cousas... Foi moi divertido!

 

Foi unha mañá moi entretenida.

FP INNOVA

Hoxe o alumnado dos programas formativos de xardinaría e de peiteado visitaron en Santiago de Compostela o FP Innova, Congreso de Innovación na Formación Profesional. 

Aínda que se fixo algo curtiño pola longa viaxe, desfrutaron moito. 

Algunhas das cousas que fixeron foron obradoiros de camisetas, xabóns e masaxes. 

Para o ano trataremos de voltar con máis tempo!

 

CINE POLA PAZ

O próximo luns, 30 de xaneiro, é o Dia Escolar da non Violencia e da paz. 

Con este motivo, hoxe todo o alumnado e profesorado do centro estivemos nunha sesión de cine moi especial. A película que vimos foi "Cadea de favores" co obxectivo de levar a cabo algunha boa acción durante esta semana, igual que na peli. 

¡Paz, amor e alegría no Santa María!

 

TERRA DE SOÑOS

Aínda que xa vos temos contado noutros bloges algunhas saídas que fixemos (San Froilán, visita ao MIHL...), hoxe imos contarvos a visita que fixemos o pasado mércores 23 de novembro. 

O alumnado de peiteado, xardinaría e máis a aula 6, fomos ata o centro de Lugo para visitar a exposición fotográfica "TERRA DE SOÑOS". Alí, explicarónos festas típicas da india, o papel das mulleres nese país, como é alí a sanidade, etc. A exposición estaba centrada no papel da muller e a autora foi Cristina García Rodero. 

 

Deixamosvos algunhas fotos da visita.