FP INNOVA

Hoxe o alumnado dos programas formativos de xardinaría e de peiteado visitaron en Santiago de Compostela o FP Innova, Congreso de Innovación na Formación Profesional. 

Aínda que se fixo algo curtiño pola longa viaxe, desfrutaron moito. 

Algunhas das cousas que fixeron foron obradoiros de camisetas, xabóns e masaxes. 

Para o ano trataremos de voltar con máis tempo!