Blogue biblioteca

Mérida desexavos unhas Felices Vacacións

Mérida marcha de vacacións, e quere deserxarvos a todos un feliz verán cheo de lecturas e contos!!, e moitas aventuras!!, disfrutade do verán e vémonos en Setembro!!

 

                                      

O noso comic

O pasado mes de maio a biblio do noso cole fixo unha mención especial ao Cómic. O alumnado xunto coas súas titoras crearon un cómic moi especial aquí tedes o resultado!!

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe è o día mundial do Medio Ambiente, pero nos anticipamonos a sua celebración o venres, tivemos unha visita especial, cargada de ledicia, maxia e agarimo, Anxo Moure contounos moitos contos, adicounos fermosas palabras e plantou moitos carballos en botas xunto a nós, gracias pola tua alegría e amor Anxo sempre estarás nos nosos corazóns!!

OS NOSOS ROBOTS

O Venres na biblio fixemos unha actividade STEM moi divertida e entretida, creamos os nosos propios robots!!, e ademáis limos o conto Mis Robots, un conto interactivo que non nos deixou indiferentes, como tampouco o resultado da nosa creación, estade moi atentos ao seguinte video!!, veredes que actividade máis divertida

 

                         

EXPEDICIÓN FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Feliz Día das Letras Galegas!!

Para conmemorar este día, as aulas 5 e 6 do CEE Santa María grabamos un programa de radio no que, coa axuda da nosa máquina do tempo, fixemos unha viaxe ao pasado pola vida de Francisco Fernández del Riego, a quen se homenaxea neste Día das Letras Galegas 2023.

 Para escoitar o noso programa, só tes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/108421631

 

 Con este programa de radio, presentámonos ao V Concurso de Podcasts e Radio na Biblio, un proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Mérida e a galiña dos ovos de chocolate

Este mes no Santa María està a ocorrer algo moi raro, hai unha galiña que se pasea polo cole poñendo ovos de chocolate, entre todos tenemos que axudarlle a Mérida a resolver o misterio, e iremos facendo un cómic, xa que Maio è o mes do comic na nosa biblio 

Visitas Especiais

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir unha visita moi especial, de esas que non deixan indiferentes...

Visitounos Cris Corral Soilàn, profe, poeta, escritora, contacontos,,, e Lucense!!

Con ela fixemos un taller de poesía que nos encantou, e ademàis tamèn nos contou un conto que nos deixou abraiados, a Historia fascinante da vaca rodante, e è que na Fonsagrada hai vacas moi atrevidas, aprendimos, rimos, cantamos e quedamos encantados e moi agradecidos coa súa visita!!

Moitas Gracias Cris!!!estamos aquí coa brazos abertos para cando queiras volver a visitarnos 

 

Recomendacións Lectoras de Maio

Chegou Maio e con èl novas recomendacións lectoras de Mèrida, este mes recopilou libros contra o acoso escolar, para traballar a Francisco del Riego e as Letras Galegas, e miles de comics para que disfrutedes todos e todas moito!!

 

DIA DA TERRA

O 22 de Abril foi o día da Terra as aulas 5 e 6 aproveitaron a semana pasada para ir a dar un paseo pola natureza cerca do cole, e facer diversas actividades, como unha búsqueda do tesouro, un contacontos e un día cheo de aventuras polo río Rato

 

Exposición do Principito

O mes de abril està rematando, e este mes foi especial xa que se celebrou o 80 aniversario da publicación do Principito, un contó Cheo de valores e que nos encanta, è por ISO que quixemos renderlle homenaxe e fixemos unha exposición co conto como protagonista, así de bonita quedou!!!, E è que no cole temos grandes artistas!!