Blogue biblioteca

Benedicta Sánchez

Hoxe tivemos a honra de recibir no cole a unha muller moi entrañable, Benedicta Sánchez, continuando coa semana da prensa convertimonos en periodistas por un día e fixemoslle unha entrevista do máis entretida. O de Benedicta e os nosos nenos e nenas foi amor a primeira vista!!, compartimos unha mañá do máis entretida e chea de agarimo.

                         

Xornais Arte e Día da Muller Traballadora

Para seguir traballando a semana da prensa fixemos un taller de arte con xornais para os màis pequenos, aprobeitamos que è 8M para facer con eles un mural do día da Muller e quedou así de chulo!! 

 

 

 

 

David Espiño no cole

Para dar comezo a semana da prensa tivemos a sorte de poder disfrutar da visita do xornalista e presentador da TVG David Espiño. Ademáis de contar coa súa visita convertimonos en xornalistas por un día e creamos o noso propio programa televisivo!!. Moitas grazas por vir e formar parte de nós nesta semana David!!, tes as portas abertas do cole e dos nosos corazóns para sempre!.

 

                        

 

 

 

                        

 

 

 

 

 

Marzo e as Recomendacións Lectoras

Chegou Marzo e con èl as novas recomendacións lectoras de Mèrida!!, Dende Rosalía ata a poesía pasando polo día da Muller traballadora!!.

Ademàis temos unha caixa de recursos do màis especial feita polo alumnado e profes do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela!!!, Gracias de novo por este recurso tan chulo!!!

                      

LECTURAS ROSALIANAS

         Onte, conmemorando o día de Rosalía de Castro, o alumnado achegouse á entrada do cole na hora do recreo, a recitar poemas adicados a Rosalía con moita tenrura, melancolía e paixón     

 

 

                          

            

O Entroido de Ourense CEE MIÑO & CEE SANTA MARÍA

   Recordades que Mini Mérida viaxou a Ourense para coñecer máis do Entroido?

 Os rapaces e rapazas do CEE Miño, ensináronlle todas estas cousas!! E nós dende Lugo aprendimos moitas cousas con eles!

 GRAZAS AMIGOS E FELIZ ENTROIDO!

 

 

                        

 

 

Chegou o Entroido

Esta semana na biblio non só celebramos ó AMOR, tamén fixemos diferentes actividades a cerca do entroido.

 As aulas 1,3,4, 7 e 14 fixeron un taller de Filloas, as cales estaban boísimas

 

                  

     E a Aula 5 estivo coñecendo os personaxes do entroido con Robótica. Laura, Brais e Ainhoa pasárono en grande co taboleiro e o ratón robot

 

                     

 

                        

Píos de Amor

 

 

                

Despois de moito deliberar o noso xurado composto por SONIA, NOELIA E PATRI decidiron que os gañadores do Píos de Amor sexan 

1º Premio para a aula de PF de Peiteado, podes ver o video no seguinte qr

 

2º Premio para a aula 5, se queres ver o seu traballo mira tamén o qr 

 

 

 

 

 

e o 3º Premio para a aula 14

 

 

Ademáis concederon un premio especial a todos os participantes por repartir tanto amor polo Santa María estes días.

Grazas por participar

 

 

Non fai Falta a Voz

Hoxe, seguindo coa temàtica do amor, xa que o martes foi san Valentín, as aulas 1,3,4 e 5 fixeron un contacontos moi especial, "Non fai falta a voz", e disfrutaron de unha instalación moi moi moi amorosa!!

 

              

 

 

              

 

 

              

Sementando Bicos en Vilalba

Hoxe è o día do amor, e o amor ten moitas vertentes, nos quixemos celebrar a Amizade e fumos a sementar moito amor, bicos e agarimo ao CEIP Insua Bermúdez de Vilalba. Fixemos un contacontos e contamoslles o conto "Sementa un Bico", e agasallamoslles unha semilla de Amor, para que a Nosa Amizade perdure para sempre!!. O que non esperábamos era que nos tamèn recibimos un fermoso agasallo, e o que màis nos gustaron foron as apertas que nos deron todos estes rapaciños, e o cariño co que nos trataron os profes!!Grazas por brindarnos a oportunidade de tan grata experiencia, e como vos dixo un dos nosos alumnos, estades convidados a visitarnos a Biblio do noso cole!!! Feliz día da Amizade!!!