Blogue biblioteca

CONCURSO PIOS DE AMOR

O equipo de Biblioteca xunto co de Dinamización convocamos por segundo ano consecutivo o concurso Píos de Amor, este ano había que dar vida a un Quérote Máis que... e este foi o resultado, os  premiados foron as aulas 1,5, 14 e 15 pero  cousa estivo complicada para o xurado, xa que houbo moita orixinalidade e todos obtuveron premio... e vós queredes máis que...?

 

                 

 

O Entroido

O Entroido chegou ao cole e as aulas 1, 3, Xardinaría e Peiteado estiveron a traballar cos contos "É tempo de Entroido" e "É tempo de festa".

Xardinaría e Pieteado fixeron o conto en Lingua de Signos (grazas á axuda das nosas ILSES: Belén e Clara) e as aulas 1 e 3 desfrutaron facendo o conto de xeito sensorial e pintando e decorando unha das máscaras que aparecen nel.

Esperamos que disfrutarades do Entroido tanto coma nós no cole!

PALABRARIO DAS FERRAMENTAS DA HORTA

Reto de Xaneiro superado!!!!, xa coñecemos moitas palabras das ferramentas da horta!!!, que reto tocará en febreiro?

 

II Concurso Píos de Amor

Dende o equipo de Biblio xunto co de Dinamización da Lingua Galega comvocamos a segunda edición do concurso Píos de Amor... 

quérote máis que....

 

Amorosas recomendacións lectoras de febreiro

 

 

Comeza Febreiro, o mes do amor, a amizade, San Valentín, A Candeloria, casanse os paxariños... e chegan tamén as recomendacións lectoras de Mérida, non podía ser de outra maneira estas lecturas tan amorosas están a esperarvos na Biblio!

 

DÍA DOS LEGO

Onte celebrouse o día de Lego así que hoxe aprobeitamos este estupendo día de Sol para sacar a nosa mesa da biblio ao exterior e recrear figuras, un corazón, unha flor... e deixar voar a imaxinación 

 

É TEMPO DE ENTROIDO

Hoxe Mini Mérida marcha de viaxe a Chantada para coñecer da man do alumnado do Ceip Xoán do Requeixo como é o entroido por alí!!!, gracias de antemán por contarnos cousas sobre o voso entroido!!!

Día da escritura a man

Hoxe é o día da escritura a man!!!, coas novas tecnoloxías a veces olvidamos a importancia que ten unha carta, unha mensaxe bonita, incluso unha soa palabra, escrita por nós pode decir moito... é por eso que Mérida quixo retarnos a escribir palabras relacionadas co noso PDI, e aínda que a moitos nos costa eso de escribir puxemos todo o noso empeño e así de chuli o fixemos!!!

#Palabras a man na horta dos Sentidos

A Caixa dos Xogos

 

A caixa viaxeira dos contos chegou á biblio do noso cole, preparaos para disfrutar deles?, temos un mes por diante!!!

Gracias a Chafaris por este detalle tan bonito!!!

Recomendacións Lectoras Xaneiro

Mérida fixo unha recopilación de contos invernáis na biblio para que pasedes un bo rato con xélidas lecturas!!!, están no baúl das recomendacións lectoras, bulide a velos!!!