Blogue biblioteca

10 de novembro Día da Ciencia

O día da ciencia adicámosllo ao noso recuncho STEM que cada día está a medrar máis 

                   

Novembro Mes da Ciencia

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras do mes de Novembro adicado á Ciencia en Galego nas bibliotecas 

                

Recreos Activos na Biblio

Hoxe comezaron os recreos activos na biblio!!! e tocou Luns de Detectives!!!, cantas cousas relacionadas coa horta atoparía a nosa axencia de detectives?... 

                              

BÚSCANSE

                                     

             Búscamos Axudantes de Mérida para a nosa Biblio, se estás interesado/a deixanos o teu currículum!!

 

                                    

Reto de Outubro Superado

Así traballaron nas aulas o reto de Outubro!!, xa son todos uns expertos nos productos da horta de Outono!!

Moi Ben Rapaces!!!a polo próximo reto!!!

 

 

 

 

Castañas e Castiñeiros

Hoxe o alumnado de Xardinería e Peiteado puxeron a xerminar castañas, para que no día do Magosto, non só as comamos, se non que cada aula plante o seu castiñeiro, para a nosa Horta dos Sentidos

 

              

Aquelarre na biblio

Hoxe no recreo na biblio houbo unha sorpresa para catro bruxiñas pequenas e unha bruxa maior que se achegaron a pasar alí a hora de lecer, fixeron un pequeno aquelarre, e nel unha pócima máxica para conseguir a felicidade eterna, ademáis ollaron e escoitaron da man da profe Mila historias espeluznantes de bruxas!!!pasàrono fenomenal!

 

Cociñando con Cabazas

Esta semana a biblio convesteuse nunha cociña moi especial. As aulas 14 e 15 fixeron cabelo de anxo con cabazas e uns doces moi saborosos,as aulas 1, 3 e 5 un biscoito de cabaza delicioso e escoitaron da man de Escarlen e Marta o conto de Sopa de Cabaza, e Peiteado e Xardinería fixeron unhas galletas terroríficas para chuparse os dedos!!!

Día das Bibliotecas con Emma Pedreira

Hoxe no día das bibliotecas visitounos Emma Pedreira, que coa súa maleta azul e a súa dulzura enseñounos que os libros hai que leelos con todos os sentidos, e que unha biblioteca pode estar chea de libros moi raros!, grazas por achegarnos unha visión dos libros tan diferente e maravillosa Emma!!

 

 

 

Dani

Dani é hoxe o noso protagonista!!,foi nomeado axudante oficial de actividades STEM na biblio e fai moito máis amenos os recreos chuviosos dos seus compañeiros e compañeiras!!!así de entretidos estiveron hoxe!!!, gracias pola túa axuda Dani!!!