ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

 

Bo día,

No Equipo de Biblioteca, ao comezar os períodos vacacionais durante o curso escolar, enviabamos a través dun tríptico as recomendacións de libros para que o alumnado, neste tempo de descanso, puidese gozar dalgún dos libros que alí mostrabamos. Pero esta vez, gustaríanos que fosen o noso alumnado o que fixese a súa recomendación, para o resto das súas compañeiras/os, neste período estival que está a piques de comezar.

Para iso, deberán sacar unha fotografía co libro que recomendan e debaixo da mesma o título do libro.  Posteriormente enviarase ao seu titor/a. O prazo de entrega, será o venres, 12 de xuño.

Con elas farase unha montaxe fotográfica ou de vídeo, dependendo do número de achegas que recibamos.

Esta montaxe publicarase no blogue da biblioteca.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

                                                                                                                                                  Equipo de Biblioteca

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

O día 20 de maio ábrese o prazo de presentación das axudas para libros de texto e material escolar. O prazo termina o día 19 de xuño. Como tódolos anos o centro colaborará na xestión destas axudas. A partir do luns día 25 comezaremos coa tramitación das mesmas. Enlace á páxina da xunta 

Reciban un cordial saúdo

Equipo directivo do CEE SANTA MARÍA

 

RECEITAS ALIMÉNTATE BEN

O noso alumnado esmerouse moito en elaborar receitas para o Plan Proxecta : Aliméntate Ben.

Con todas as receitas que enviaron, a profe Chus ideou este recetario tan chulo. 

Noraboa aos nosos pequenos "chefs"!

ACTIVIDADES METEOESCOLAS

Dende METEOESCOLA temos tres propostas para que os alumnos e alumnas do CEE Santa María se divirtan experimentando, construíndo e xogando ao mesmo tempo que aprendemos, sabendo máis cousas interesantes sobre a meteoroloxía dende as nosas casas.

Estas son as nosas propostas :

1.    

Para non esquecernos do que faciamos todos os días no cole cando saiamos a mirar que tempo ía e tomábamos os datos e os rexistrabamos, aquí vos deixo un calendario do mes de maio e outro do mes de xuño cunha chea de debuxiños de chuvia, sol, nubrado, etc para que cada día coloreedes, recortedes e peguedes o que corresponda na súa casiña (hainos para colorear e xa coloreados listos para recortar e pegar).

 https://meteoescolaceesantamaria.home.blog/

2.   

Queremos que descubrades connosco cal é a ESTRELA POLAR e como se pode buscar e encontrar no ceo xa que está ahí aínda que non nos decatemos dela.

Aquí tedes un enlace cunha pequeña explicación de como encontrala. https://www.astroandalus.com/blog/como-encontrar-la-estrellapolar/

 

3.   

Un dos instrumentos que usabamos cando saiamos á nosa Estación Meteorolóxica é o PLUVIÓMETRO e como non estamos no cole para poder medir a auga que cae, propóñovos facer un pluviómetro caseiro. Aquí vos deixo uns pasos moi, moi fáciles para facer o voso e poñelo na fiestra para recoller a auga que cae da chuvia. Se queredes, podedes tomar os datos e anotalos no calendario onde anotades o tempo que vai cada día.

https://es.wikihow.com/hacer-un-pluvi%C3%B3metro

 

O último que vos pido é que por favor, nos gustaría moito que me enviesedes tantos fotos como queirades de todo o que ides facendo  (por medio dos vosos titores); do calendario, da Osa Polar no ceo, do Pluviómetro… As fotos iranse subindo ao noso Blog de Meteoescola.

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

 

Estimadas familias:

 

Desde o equipo de biblioteca, sabemos a importancia que ten a lectura no noso alumnado, polo que nos gustaría contar coa vosa colaboración. Debido ás circunstancias actuais, non podemos realizar a actividade no colexio, como en cursos anteriores, así que vos pedimos que gravedes un pequeno vídeo contando o conto que máis vos guste, que posteriormente publicaremos no blogue da biblioteca (https://bibliotecaceesantamaria.blogspot.com/).

 

O vídeo só poderá ser gravado por parte dos familiares do alumno/a (nais/pais, avós, tíos, etc). Non poderá saír o alumnado, nin irmáns dos mesmos, menores de idade.

 

A gravación do vídeo, poderedes ir enviándoa aos titores durante este mes de maio.

 

Dámosvos as grazas de antemán e mandámosvos os mellores desexos nestes difíciles momentos

 

                           Un saúdo

 

                    Equipo de Biblioteca.

 

Letras Galegas 2020

Como cada 17 de Maio, non podemos deixar de festexar o día das Letras Galegas.

Este ano, dadas as circunstancias, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  solicitou á comunidade educativa do noso centro, e, especialmente, ao alumnado, que enviasen a súa palabra favorita.

Velaquí o vídeo que elaborou Ángela con todas as palabras que recibiu.

 

 

Día contra o acoso escolar

O pasado 2 de maio foi o Día contra o acoso escolar. 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares do centro pediulle ao alumnado do centro que achegase fotografías do que mellor fan.

Velaquí o vídeo que creou a profe Begoña, coas fotos que recibiu.