ACTIVIDADES METEOESCOLAS

Dende METEOESCOLA temos tres propostas para que os alumnos e alumnas do CEE Santa María se divirtan experimentando, construíndo e xogando ao mesmo tempo que aprendemos, sabendo máis cousas interesantes sobre a meteoroloxía dende as nosas casas.

Estas son as nosas propostas :

1.    

Para non esquecernos do que faciamos todos os días no cole cando saiamos a mirar que tempo ía e tomábamos os datos e os rexistrabamos, aquí vos deixo un calendario do mes de maio e outro do mes de xuño cunha chea de debuxiños de chuvia, sol, nubrado, etc para que cada día coloreedes, recortedes e peguedes o que corresponda na súa casiña (hainos para colorear e xa coloreados listos para recortar e pegar).

 https://meteoescolaceesantamaria.home.blog/

2.   

Queremos que descubrades connosco cal é a ESTRELA POLAR e como se pode buscar e encontrar no ceo xa que está ahí aínda que non nos decatemos dela.

Aquí tedes un enlace cunha pequeña explicación de como encontrala. https://www.astroandalus.com/blog/como-encontrar-la-estrellapolar/

 

3.   

Un dos instrumentos que usabamos cando saiamos á nosa Estación Meteorolóxica é o PLUVIÓMETRO e como non estamos no cole para poder medir a auga que cae, propóñovos facer un pluviómetro caseiro. Aquí vos deixo uns pasos moi, moi fáciles para facer o voso e poñelo na fiestra para recoller a auga que cae da chuvia. Se queredes, podedes tomar os datos e anotalos no calendario onde anotades o tempo que vai cada día.

https://es.wikihow.com/hacer-un-pluvi%C3%B3metro

 

O último que vos pido é que por favor, nos gustaría moito que me enviesedes tantos fotos como queirades de todo o que ides facendo  (por medio dos vosos titores); do calendario, da Osa Polar no ceo, do Pluviómetro… As fotos iranse subindo ao noso Blog de Meteoescola.

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

 

Estimadas familias:

 

Desde o equipo de biblioteca, sabemos a importancia que ten a lectura no noso alumnado, polo que nos gustaría contar coa vosa colaboración. Debido ás circunstancias actuais, non podemos realizar a actividade no colexio, como en cursos anteriores, así que vos pedimos que gravedes un pequeno vídeo contando o conto que máis vos guste, que posteriormente publicaremos no blogue da biblioteca (https://bibliotecaceesantamaria.blogspot.com/).

 

O vídeo só poderá ser gravado por parte dos familiares do alumno/a (nais/pais, avós, tíos, etc). Non poderá saír o alumnado, nin irmáns dos mesmos, menores de idade.

 

A gravación do vídeo, poderedes ir enviándoa aos titores durante este mes de maio.

 

Dámosvos as grazas de antemán e mandámosvos os mellores desexos nestes difíciles momentos

 

                           Un saúdo

 

                    Equipo de Biblioteca.

 

Letras Galegas 2020

Como cada 17 de Maio, non podemos deixar de festexar o día das Letras Galegas.

Este ano, dadas as circunstancias, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  solicitou á comunidade educativa do noso centro, e, especialmente, ao alumnado, que enviasen a súa palabra favorita.

Velaquí o vídeo que elaborou Ángela con todas as palabras que recibiu.

 

 

Día contra o acoso escolar

O pasado 2 de maio foi o Día contra o acoso escolar. 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares do centro pediulle ao alumnado do centro que achegase fotografías do que mellor fan.

Velaquí o vídeo que creou a profe Begoña, coas fotos que recibiu.

 

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende o EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) propoñemos celebrar as Letras Galegas coa seguinte actividade:

·       - Cada alumno/a do centro, e persoal do mesmo que queira participar, farase unha foto cunha palabra en galego.

·       Tamén pode sacar a foto soamente á palabra, co seu nome,  no caso de que non queira que se faga pública a súa foto.

·       Estas fotos enviaránse aos titores que as remitirán ao Equipo, que fará unha pequena montaxe coas mesmas.

·       Esta montaxe farase pública na páxina web do centro e ao enviar ás fotos autorízase a súa publicación.

·       As fotos deben reenviarse os titores antes do 14 de maio.

·       Recordar que este ano as Letras Galegas se adican a Ricardo Carvalho Calero. E que na páxina de dinamización da lingua galega podedes atopar actividades adicadas a dito autor.

 

https://dinamizaceesmaria.blogspot.com/

 

Grazas pola vosa colaboración

 

 

Día Internacional contra o Acoso Escolar

2 de Maio “Día Internacional contra o Acoso Escolar”

Para celebralo todos xuntos, como centro, desde o equipo de extraescolares, ofrecémosvos unhas divertidas propostas en familia:

-  Visionar e traballar sobre o curto de Pixar “Lou. Este curto móstranos os problemas que poden darse nun patio.

Coñecer a canción “Buscánse valentes”

Gozar da película “Karate Kid”. Ao cambiar a nosa contorna, a nosa forma de vida pasámolo mal ao principio, pero debemos crer en nós e sacar aquilo que nos fai GRANDES.

Ao longo da semana, ata o venres, podedes enviar aos titores/as dos vosos fillos/as unha foto dos mozos/as, facendo aquilo no que son FANTÁSTICOS/AS.

Coas fotos recibidas, elaboraremos unha sinxela presentación.

A presentación subirase á Web do colexio, para que todos poidan gozar dela.

Deixamos unha pequena actividade en ficheiro adxunto.

Moitas grazas.

IMPORTANTE: Todas estas propostas son VOLUNTARIAS.

Móvete connosco na casa

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a inciativa "Móvete connosco". Unha programación semanal relacionada coa actividade física.

Poden accceder no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa