02 Aneae e anee
Índice tema

2.5. Organización da atención ao aneae

A continuación figuran, en base ao establecido na citada normativa, as consideracións que deben terse en conta para organizar a atención ao aneae, se ben hai ás veces na norma un matiz interpretativo que é potestade da administración educativa que é quen lexisla. Recórdase tamén que o establecido na LOE, normativa de desenvolvemento da LOE e LOMCE prevalece sobre o anterior aínda que non fose expresamente derrogado.

    1. O profesorado de PT/AL levará a cabo labores de apoio.
    2. O profesorado con dispoñibilidade horaria poderá desempeñar tarefas de reforzo educativo e apoio.
    3. O orientador avaliará ao alumno e a valoración determinará a pertinencia do apoio.
    4. O orientador realizará a proposta de organización da atención do alumnado:
      • De acordo cos criterios establecidos no PXAD.
      • Coa participación do profesorado titor.
      • En colaboración cos profesores de apoio.
    5. A  proposta trasládase ao xefe de estudios (capacidade executiva).
    6. Contémplase o apoio dentro e fora da aula.
    7. O apoio fora da aula no excederá a terceira parte da xornada escolar.