02 Aneae e anee
Índice tema

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 38º.4

Artigo 38.4.A proposta de organización da atención ao alumnado por parte do profesorado de Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe e, de ser o caso, doutros profesionais específicos, será realizada pola xefatura do Departamento de Orientación, de acordo cos criterios establecidos no Plan Xeral de Atención á Diversidade e coa participación do profesorado titor do alumnado e do propio profesorado de Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe.