02 Aneae e anee
Índice tema

Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. (DOG 31 de xullo de 1998). Art. 11º.

Artigo 11°. Funcións da xefatura do departamento

1. Sen prexuízo do establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, do regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os xefes ou xefas dos departamentos de orientación dos ditos centros terán as seguintes funcións:

h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, se é o caso, da elaboración do informe psicopedagóxico.

i) Coordinar, en colaboración cas profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ao xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.