02 Aneae e anee
Índice tema

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 19º

Artigo 19.-Intervencións específicas.

As intervencións específicas que sexan precisas por parte dos profesores especialistas de pedagoxía terapéutica ou de audición e linguaxe serán propostas e deseñadas polo departamento de orientación, do que forman parte, en colaboración co titor do grupo ao que pertence o alumno. Tales actuacións levaranse a cabo normalmente dentro da aula, xunto do resto do alumnado dese grupo, e só poderán levarse fora dela en casos excepcionais que estean debidamente previstos nas adaptacións curriculares e durante un tempo que non excederá a terceira parte da xornada escolar. A coordinación desas actuacións, xunto coas do resto do profesorado, tendo en conta o proxecto curricular da etapa e as programacións de aula, corresponde á xefatura de estudios do centro.