Título node Learning object
Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:
Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil
- Videotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMóbil
- Videotitorial sobre as funcionalidades de abalarMóbil
Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro
Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (profesorado organizador)
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex: que navegador usar en equipos Linux
Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar
Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear cursos
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear etiquetas e engadir ficheiros
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear tarefas para o alumnado
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: corrixir tarefas do alumnado
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: creación e xestión de foros
Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.
Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.