Gallego

Cadernos para a igualdade, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 9 anos

Os cadernos para a igualdade van dirixidos a nenos e nenas de 6 a 9 anos. Conteñen sopas de letras, encrucillados, debuxos para pintar e colorear, xogos… O obxectivo é sensibilizar e educar na igualdade aos máis novos, explicando conceptos como a igualdade, o feminismo, o reparto igualitario de tarefas do fogar. Trátase de entreter os nenos e as nenas con divertidas propostas educativas.

Gallego
Cadernos para a igualdade

Sección: 

Aprendendo a convivir

Recursos didácticos para traballar desde a titoría. Consta de seis unidades didácticas que pretenden promover actitudes de respecto e aceptación a persoas e culturas diferentes. Os núcleos temáticos son:

Unidade didáctica 1: o recoñecemento da outra persoa.

Unidade didáctica 2: axuda par vencer as dificultades.

Unidade didáctica 3: acoller as persoas sen excluír a ninguén.

Unidade didáctica 4: confiar nas persoas e gañar a súa confianza.

Unidade didáctica 5: asumir as consecuencias das nosas decisións.

Unidade didáctica 6: vacacións sen fronteiras, vacacións sen barreiras. 

Gallego
Aprendendo a convivir

Sección: 

Recursos para a prevención da violencia e a promoción da tolerancia en nenos e nenas

A web presenta unha serie de recursos que permiten traballar cunha metodoloxía que, ao darlle prioridade ao traballo sobre as emocións, constrúe un estilo eficaz de prevención da violencia. Usa como eixes básicos a expresión (teatro, xogo, deporte, arte…) e implica a toda a comunidade educativa.

Gallego
Prevención da violencia.

Sección: 

Xogos e dinámicas de aula para traballar a convivencia pacífica

Relación de xogos e dinámicas de aula para traballar co alumnado a resolución de conflitos e a convivencia pacífica. Os xogos e as dinámicas invitan a ter unha actitude activa e afrontar o conflito, ao tempo que traballan determinadas aptitudes e habilidades para a prevención, co que poderán analizar, negociar e buscar vías de transformación do conflito.

Gallego
Xogos e dinámicas de aula

Sección: 

Dinámicas para traballar a educación emocional.

O autocoñecemento, a empatía, a comunicación asertiva, a mutua confianza, a autoestima, as habilidades sociais e a cooperación son algúns dos aspectos  tratados pola educación emocional, e están reflexados nas dinámicas de grupo que se traballan na páxina web. Hai unha gran variedade de dinámicas que facilitarán o traballo do titor ou titora, podéndose aplicar no ámbito da titoría.

Gallego
Dinámicas de educación emocional

Sección: 

Webquest, bullying: falamos do que nos importa?

Esta WebQuest pretende que o alumnado tome conciencia dos conflitos entre iguais, o chamado bullying. O traballo debería desenvolverse en coordinación co profesorado que imparta clase no mesmo grupo. O alumnado non debe adoptar ningún rol, deben tratar o tema como o que son, alumnos/as, é o seu punto de vista o que interesa.

Gallego
Falamos do que nos importa?

Sección: 

WebQuest: unha viaxe a favor da tolerancia e do respecto a outras culturas

Este proxecto está deseñado para traballar en grupo no segundo curso de educación secundaria obrigatoria. É moi importante animar e guiar o alumnado para que discuta e tome decisións conxuntamente porque esta pode que sexa a clave para completar con éxito a actividade. Cada grupo terá cinco roles diferentes: historiador, economista, defensor dos dereitos humanos, artista e periodista.

Gallego
Webquest.

Sección: