Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de nais e pais de alumnos/as con necesidades especiais (ANEPA)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de nais e pais de alumnos/as con necesidades especiais (ANEPA)

Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (ACOPROS)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (ACOPROS)

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG)

Gallego

O servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia está a participar no proxecto europeo KA2 "Sportsign: Sign Language Index for Sports and Physical Education".

Sportsign
Sportsign
Gallego

SportSign ten como obxectivo desenvolver un Glosario Deportivo Bilingüe que funcionará como unha ferramenta pedagóxica de autoaprendizaxe gratuita utilizando un enfoque innovador para incrementar a efectividade da estratexia pedagóxica dirixida a estudantes xordos en Educación Física e Deportes. Os principais grupos destinatarios deste proxecto son: profesores de Educación Física, persoas intérpretes de lingua de signos e alumnado con discapacidade auditiva.

Participamos un total de 4 países: Eslovenia, Italia, Portugal e España, sendo o Portugal o país coordinador.

Máis información

Sportsign

 

Tema: 

Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado

Esta guía parte da necesidade de involucrar a toda unha comunidade (familias, docentes, persoal sanitario, persoal auxiliar) no proceso de recuperación e reintegración do alumnado afectado dunha enfermidade que supón un afastamento temporal, case sempre prolongado, da súa contorna académica habitual. Desta maneira acométese un protocolo para minimizar as consecuencias emocionais, psicolóxicas e educativas inherentes a esta longa ausencia do ámbito social ordinario do alumnado.

Gallego
Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e  Universidade da Xunta de Galicia  e a Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e  Universidade da Xunta de Galicia  e a Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea

Gallego

Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado

A Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado, é un documento que servirá de axuda neste proceso ao círculo de persoas que rodean ao alumno durante a súa recuperación, e que se basea nas necesidades detectadas por persoas que xa viviron esta experiencia.

Esta Guía busca involucrar a toda a comunidade (familias, docentes, persoal sanitario e auxiliar) no proceso de recuperación e reintegración do alumnado afectado por unha longa hospitalización na súa contorna académica habitual, minimizando as consecuencias emocionais, psicolóxicas e educativas, considerando a escola como un factor de normalización.

Neste sentido, propón actuacións directamente relacionadas co alumnado afectado e a súa familia como co centro educativo, o profesorado e os compañeiros do estudante. Así, recolle as situacións e emocións que se poden producir nesta circunstancia e propostas para abordalas (flexibilización das normas do centro, preparación do grupo de aula, fomento da comunicación, apoio personalizado...).

Para facilitar este traballo, a guía contén unha proposta de intervención no proceso de regreso ao centro educativo do alumnado tras a súa hospitalización, estruturada en nove actividades diferentes, en función da idade do estudante afectado, que teñen como obxectivo potenciar conceptos emocionais como a asertividade, a empatía e a resiliencia. As accións están enfocadas, así mesmo, cara ao autocoñecemento do alumno, a súa concentración, a relaxación e a proactividade.

Todas as actividades incluídas son multioperativas, de tal forma que poden aplicarse segundo as necesidades puntuais que vaian xurdindo en cada caso particular. O documento inclúe, así mesmo, recursos para o desenvolvemento das diferentes accións propostas.

Gallego
Asotrame

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Asociación de Altas Capacidades (ASAC)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia  e a Asociación de Altas Capacidades (ASAC)

 

Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia  e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace.

Gallego

A Xunta, a Fundación María José Jove e INGADA levan formados preto de 1.300 docentes na abordaxe educativa do TDAH

O acordo de cooperación, en marcha desde o curso 2014/2015, renovouse hoxe nun acto no que se galardoaron os proxectos gañador e finalistas da VI Bolsa Ingada-María José Jove

Gallego
A Xunta, a Fundación María José Jove e INGADA levan formados preto de 1.300 docentes na abordaxe educativa do TDAH

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Fundación María José Jove e o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA), levan formados desde o curso 2014/2015 preto de 1.300 docentes en 38 actividades formativas para a abordaxe educativa do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), ao abeiro do convenio de colaboración subscrito para este fin. A conselleira, Carmen Pomar; a presidenta da devandita Fundación, Felipa Jove; e o presidente de Ingada, Ángel Carracedo; asinaron hoxe a addenda a este acordo, nun acto no que se deron a coñecer os proxectos gañador e finalista da VI Bolsa Ingada-María José Jove.

Durante a súa intervención a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, sinalou como un dos principais obxectivos do seu departamento o impulso da calidade de resposta educativa fronte á diversidade

Pomar explicou que a Xunta de Galicia leva anos traballando no desenvolvemento dun sistema educativo inclusivo e equitativo, tarefa na que sinalou como fito o  Decreto 229/2011 de atención á diversidade do alumnado, “que  situou a Galicia como pioneira no conxunto de España, e cambiou tamén o concepto da atención á diversidade, deixando atrás a noción de discapacidade para contemplar unha realidade máis ampla, na que todos e cada un de nós somos diferentes e diversos”.

“Con esta  base –explicou– desenvolvemos distintos protocolos a partir da colaboración con asociacións para a atención á diversidade na aula, profesionais do mundo sanitario e universitario e outras institucións”, dos que un dos primeiros foi o Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario. Así mesmo lembrou que se creou na Consellería o Servizo de Inclusión e Orientación Educativa, centrado nas medidas para o fomento da equidade e a inclusión, o impulso á orientación educativa, o asesoramento ás familias e á coordinación dos axentes da comunidade educativa.

A conselleira quixo agradecer o compromiso dos docentes, como os recoñecidos no acto de hoxe, e reafirmou a aposta decidida do seu departamento pola formación do profesorado, na que se enmarca o convenio de colaboración que se asina anualmente coa fundación María José Jose e Ingada para a abordaxe do TDAH. Así mesmo, destacou a contribución destas dúas entidades á formación continua e á actualización do profesorado. “Todos estamos inmersos no proceso de educar aos cidadáns da Galicia do século XXI. E nese proceso non podemos permitirnos o luxo de deixar a ninguén detrás”, dixo.

Curso de formación

Os cursos de Formación de Profesorado en relación co Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) impartidos ao abeiro da colaboración entre as tres devanditas entidades están dirixidos a docentes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Trátase de formación impartida por neuropsicólogos, psiquiatras, logopedas, médicos e pedagogos co obxectivo de achegarlles aos asistentes o coñecemento necesario sobre o TDAH, para que poidan abordalo nas aulas da mellor maneira posible, facilitando o desenvolvemento do alumnado e a súa integración

Colectivo: