Gallego

A Consellería de Educación incorpora 83 centros ao plan de mellora de bibliotecas escolares

Deste xeito o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad dá continuidade ao programa de fomento da lectura, enmarcado no Plan LÍA 2010/2015

O departamento educativo da Xunta achegará máis de 1,6 millóns de euros a estas bibliotecas

A convocatoria deste ano para entrar a formar parte do Plan acadou un gran éxito, con 225 solicitudes

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de incorporar 83 centros educativos á rede dos beneficiados polo plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). A resolución provisional pode consultarse no portal educativo, no enderezo /portal/node/2817.

Deste xeito a Consellería dá continuidade ás actuación de fomento da lectura que está a desenvolver no marco do PLAN LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, información, aprendizaxe).  No curso 2010/2011 estiveron integrados no programa 374 centros, dos que 134 son institutos de ensino secundario, o que significa que o 51% do total deste tipo de centros, de titularidade pública estaban incluídos no Plan.

A Consellería de Educación achegará no curso que vén máis de 1,6 millóns de euros ás bibliotecas escolares beneficiadas polo PLAMBE, un programa que pretende incentivar a aqueles centros que se comprometen a renovar as súas bibliotecas e a utilizalas de forma eficiente para a mellora da calidade do ensino que ofrecen ao seu alumnado. Deste xeito asignaranse contías para a renovación dos fondos da colección (contemplando o soporte impreso e o soporte dixital), así como para a renovación de equipamento e mobiliario.

Un referente nacional

A convocatoria para entrar a formar parte do Plan espertou un gran interese por parte dos centos educativos. Así, presentáronse un total de 225 solicitudes, das que a Comisión de Valoración seleccionou os 83 centros que mellor se adecuaron aos requisitos contemplados na convocatoria.

Neste sentido cómpre sinalar que as iniciativas de fomento da lectura desenvolvidas pola Consellería de Educación son un referente a nivel nacional pola súa calidade. De feito, Galicia foi a Comunidade Autónoma con máis bibliotecas premiadas - con 8 centros, máis do 30% do total dos galardoados- nos premios do ‘Concurso Nacional de Buenas Prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de centros escolares 2010’, organizado polo Ministerio de Educación.

Estes premios recoñecen as iniciativas destes centros para que as súas bibliotecas sexan espazos dinámicos que actúen como recurso didáctico e integrador para a mellora da calidade do ensino.

Colectivo: 

Sección: 

O número de auxiliares de conversa no sistema educativo galego quintuplicará o vindeiro curso os que había ao inicio da lexislatura

Arredor de 340 destas persoas desenvolverán o seu labor nos centros plurilingües, seccións bilingües e escolas oficiais de idiomas

A Consellería de Educación investirá máis de 1,7 millóns de euros para contar co apoio destas persoas nativas de países de fala inglesa, francesa, alemá e chinesa

Gallego

O sistema educativo galego contará o vindeiro curso con 5 veces máis auxiliares de conversa dos que había no curso 2008/2009, no marco do impulso que a Consellería de Educación está a dar ao plurilingüismo co Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Arredor de 340 destas persoas desenvolverán o seu labor de apoio á ensinanzas das linguas estranxeiras en na Rede de Centros Plurilingües de Galicia, nas seccións bilingües e nas Escolas Oficiais de Idiomas, o que supón un importante incremento respecto dos 262 que o fan no presente curso. Desta forma a Consellería continúa a desenvolver o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, cuxo obxectivo é que na presente lexislatura 40.000 galegas e galegas se beneficien dun ensino que lles permita acadar competencias en outros idiomas.

Con obxectivo de fomentar o plurilingüismo, a Consellería de Educación destinará máis de 1,7 millóns de euros a dotar de 269 auxiliares aos centros plurilingües e seccións bilingües, e de 31 ás Escolas oficiais de Idiomas. Deles, 278 serán nativos de lingua inglesa, 13 de lingua francesa, 7 de alemán e 2 de chinés. Ademais contarase con arredor de 40 auxiliares do Plan Integral de Aprendizaxe de Linguas.

Deste xeito contribúese a reforzar as ensinanzas de linguas estranxeiras, facendo fincapé na competencia oral. Ademais de apoiar o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en lingua estranxeira, os auxiliares representan un auténtico vehículo de achegamento á realidade cultural e lingüística do seu país de orixe, un elemento clave para reforzar a multiculturalidade.

Colectivo: 

Sección: 

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

 

Xúntase o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que será enviado en formato papel a todos os centros galegos sostidos con fondos públicos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Colectivo: 

Regúlanse, con carácter experimental, os contratos programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria

Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de maio de 2011 (DOG do 10 de xuño), da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, con carácter experimental, os contratos programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación universitaria. 

O programa que elaboren os centros poderá recoller unha ou varias das actuacións que se relacionan a continuación, considerando as necesidades e intereses dos seus destinatarios:

1. Reforzo, orientación e apoio.

2. Mellora da lectura, escritura e cálculo.

3. Mellora da convivencia.

4. Redución do abandono escolar.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de formación e recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos

Gallego

Xúntase a Orde do 3 de xuño de 2011 pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de formación e recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

  • O prazo de presentación de instancias e documentos será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo: 

Sección: 

O conselleiro de Educación visitou as aulas Abalar do IES Pedro Floriani de Redondela

Neste instituto benefíciase do proxecto o alumnado de 1º da ESO

Vázquez Abad coñeceu en primeira persoa o traballo na biblioteca do centro, que recibiu a axuda de 15.850 euros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

Gallego
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visit
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe as aulas Abalar do IES Pedro Floriani, de Redondela

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe as aulas Abalar do IES Pedro Floriani, de Redondela, das que se benefician no presente curso os estudantes de 1º da ESO do centro, que dispoñen de cadanseu ordenador ultraportátil na aula.

A este respecto, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou as múltiples oportunidades que o Proxecto Abalar e o seu portal web, espazo Abalar, ofrecen para a activa participación das familias na educación dos seus fillos, así como para a intercomunicación do profesorado coas nais e pais. Ademais, recordou o importante esforzo que supón poñer en marcha un proxecto tan ambicioso como o Abalar, co que a Consellería impulsa a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no sistema educativo.

Deste xeito Vázquez Abad recordou o compromiso da Consellería con este instituto, no que estudan 401 alumnas e alumnos, “que se manifesta ademais a través das achegas de 15.850 euros coas que se dotou á biblioteca do centro, enmarcada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde 2010”. Neste sentido o conselleiro destacou tamén o traballo do propio centro no club de lectura desenvolvido por alumnado e profesores, “ fomentando nos máis novos o hábito lector, algo fundamental para o éxito escolar”.

Esta visita, na que Vázquez Abad estivo acompañado polo xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, enmárcase na rolda de encontros que está a realizar coas comunidades educativas de centros de ensino de toda Galicia, co fin de coñecer de preto as súas necesidades.

Colectivo: 

Sección: 

Orde do 18 de maio de 2011 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión

Gallego

Xúntase a Orde do 18 de maio de 2011 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

Prazo de solicitude: Vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Colectivo: 

Sección: 

Convócase a selección de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2011/2012

Gallego

Xúntase a Orde do 13 de maio de 2011 pola que se convoca a selección de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para  o curso 2011/2012.

  • O prazo de presentación de instancias finalizará o día 30 de xuño de 2011.

Colectivo: 

Sección: 

O profesorado implicado no proxecto Abalar poderá recibir formación sobre o uso de encerados dixitais grazas ao convenio asinado entre a Consellería de Educación e Smart Technologies

Ao abeiro do acordo establecerase un plan de formación de 18 formadores certificados que prepararán despois ao profesorado que o desexe

Gallego

Video: 

Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (I)

Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (II)

Sinatura do convenio entre a Consellería de Educación e Smart Technologi
Sinatura do convenio entre a Consellería de Educación e Smart Technologi

O profesorado galego implicado no proxecto ABALAR terá a oportunidade de formarse no uso dos encerados dixitais grazas ao convenio asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e SMART Technologies.

O obxecto deste acordo, asinado hoxe polo conselleiro, Xesús Vázquez Abad, e o vicepresidente da devandita compañía, Patrick Lelorieux, é desenvolver un programa de formación que permitirá mellorar as competencias do profesorado no uso do encerado dixital interactivo e o software de aprendizaxe colaborativa.

Esta iniciativa está enmarcada no Proxecto ABALAR, a estratexia de integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no sistema educativa, da que se beneficiarán o vindeiro curso 31.000 escolares galegos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º curso da ESO.

Ao acto de sinatura asistiron tamén o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira; o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería, Carlos Vázquez; o managing director de Smart España, Fernando Sanz; e o área manager de Smart Iberia, Rahim Habib.

‘Train the trainer’

Ao abeiro do acordo asinado hoxe SMART Technologies desenvolverá un programa de formación en cooperación cos centros de formación da Consellería, a través do que impartirá a 18 docentes a formación certificada e acreditada ‘Train the trainer’, en materia de encerados interactivos e software de aprendizaxe colaborativa. Estes 18 formadores encargaranse despois de transmitir os coñecementos ao profesorado implicado no Proxecto ABALAR, a través dun plan para a xestión do programa, que contempla o seguimento da aprendizaxe e recursos para os docentes, que desenvolverán en cooperación SMART e a Consellería. Neste sentido SMART Technologies dotará tamén aos centros de formación do profesorado de 21 encerados dixitais para facilitar o desenvolvemento do programa formativo.

Ademais, a compañía tecnolóxica impulsará a posta en marcha de concursos sobre creación de contidos dixitais con participación de centros educativos galegos.

Pola súa banda, a Consellería colaborará con SMART no desenvolvemento e seguimento do plan de formación, así como na xeración de contidos dixitais para a súa posta ea disposición do profesorado galego.

A colaboración entre a Consellería e SMART Technologies supón así un novo avance na modernización e na implantación das TIC nos centros educativos galegos.

Tema: 

Sección: 

Novas ordes de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa

Gallego

Xúntase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (DOG do 20 de maio de 2011)

Colectivo: