Título Event node R
O proxecto Consolider-Ingenio 2010 CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear), convoca o seu IV Concurso de Divulgación Científica en colaboración coa Fundación Xeral CSIC.
O obxectivo do certame é estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral e aos estudantes de educación secundaria e universitaria en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos e os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.
Poden participar investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grado, profesores de educación secundaria, pofesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias das seguintes modalidades:
Artigos de divulgación: convócase un premio dotado con 1.000 euros.
Webs e/ou Blogs: convócase un premio dotado con 1.000 euros.
Vídeos: convócase un premio dotado con 1.500 euros.
Experimentos/Demostracións/Aplicacións para dispositivos móbiles: convócase un premio dotado con 1.500 euros.
Traballos publicados en medios de comunicación: convócase un premio dotado con 1.000 euros.
Poderán presentarse traballos ata o lunes 30 de setembro de 2013 a través dunha aplicación web na intranet do CPAN.
Máis información na web do concurso: http://www.i-cpan.es/concurso4