Título Event node R

S1301077 Indagación científica nas aulas de primaria e secundaria
Aberto o prazo de inscrición ata o 12 de decembro
Xoves, 27 Xuño, 2013 - 13:31

Modalidade: Curso presencial

Número de horas: 30 horas (24 h presenciais e 6 h non presenciais para o deseño e planificación dunha actividade para levar á aula)

Destinatarios: Todas a ensinanzas

Temporalización: 2º trimestre (ano académico 2013-14)

Lugar de celebración: Santiago de Compostela

Número de prazas: 20

Obxectivos:

1. Coñecer experiencias de indagación científica e uso de probas que promovan o desenvolvemento das competencia básicas, especialmente a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

2. Planificar, desenvolver e presentar tarefas de aula que promovan a indagación científica.

3. Atender á diversidade promovendo o traballo cooperativo e o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.