G1301014: Formación profesional a distancia I: programación
Vai comezar unha nova edición do itinerario formativo "Formación profesional a distancia", neste caso o primeiro módulo dos tres cos que conta este itinerario: "Formación profesional a distancia I: programación".
Esta actividade aínda que forma parte do plan anual, ten varias singularidades que a diferencian do resto das actividades ofertadas:
- É un itinerario formativo, é dicir, para poder ser admitido en cada módulo hai que haber superado previamente o módulo anterior.
- É unha actividade na que teñen preferencia o profesorado que vai a impartir algún módulo na FP a distancia. Polo que na selección de participantes terá preferencia o profesorado destinado nos centros e departamentos que impartirán FP a distancia.
- É unha actividade estratéxica do Servizo de Ordenación e Formación Profesional , e como tal eles mesmos, ademais de participar como relatores, son responsables do:
- establecemento da temporalización das 3 actividades
- elaboración dos contidos, obxectivos e da estrutura e duración das actividades.
- selección dos relatores
- admisión dos participantes
- establecemento dos criterios para a superación da actividade
Xa que o Servizo de Ordenación e FP estableceu que este itinerario formativo debe finalizar antes do comezo das clase de FP a distancia de cada curso escolar, o primeiro módulo debe comezar en Xullo. Coma para entón aínda non está feita a asignación de módulos entre os profesores dos centros educativos galegos, non é posible admitir só aos profesores que efectivamente vaian a impartir na FP a distancia no próximo curso. Para na medida do posible tentar aproximarse a parte deste colectivo, é preciso que os Departamentos remitan ao CAFI durante o mes de xuño o formulario de establecemento de preferencias para as actividades de formación para "G1301014 - Formación profesional a distancia I: programación", dándolle preferencia na mesma ao profesorado do departamento funcionario e con destino definitivo que o próximo curso teñan o compromiso de impartir na FP a distancia.
Se seleccionará aos/ás candidatos/as para a cubrir as 50 prazas dispoñibles da listaxe dos inscritos en fprofe, dándolle prioridade ao profesorado dos centros e departamentos da FP a distancia, e dentro deles primeiramente a aqueles que figuren nas follas de preferencias recibidas dentro do prazo establecido. Estes candidatos/as deberán ser confirmados/as polo Servizo de Ordenación e FP para poder ser finalmente seleccionados/as para a súa admisión.
Data de comezo: 8 de xullo
Data de finalización: 30 de xullo
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54393
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=1851