Avaliación de diagnóstico 2012/2013. Realizarase os días 23 e 24 de maio en 4º de educación primaria e os días 28 e 29 de maio en 2º curso de educación secundaria obrigatoria
Mar, 14/05/2013 - 09:45
Envío de instrucións aos centros educativos: 13 de maio de 2013
Data de apertura da aplicación informática avaldia: 15 de maio de 2013
Data de peche da aplicación informática avaldia: 19 de xuño de 2013
Materiais para a realización da proba: os materiais para a aplicación da proba (cadernos e cuestionario) faranse chegar aos centros educativos con anterioridade ao día de aplicación da proba.
Realización da proba:
Educación primaria
Día 23 de maio:
- Competencia matemática
- Descanso
- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
- Competencia en comunicación lingüística
- Descanso
- Cuestionarios de contexto
Educación secundaria obrigatoria
Día 28 de maio:
- Competencia matemática
- Descanso
- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 29 de maio:
- Competencia en comunicación lingüística
- Descanso
- Cuestionarios de contexto
Calquera incidencia relativa á aplicación informática debe ser posta en coñecemento da Unidade de Atención a Centros (UAC), para a súa resolución, a través de:
- Correo electrónico: uac@edu.xunta.es
- Teléfono: 902 905 445
- Fax: 881 997 788