Título node Learning object
Póñense á disposición dos centros educativos dous protocolos, un de derivación e outro de seguimento psicopedagóxico, para a Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil na provincia da Coruña (USM-IX) coa finalidade de axilizar e mellorar a coordinación para a atención ao alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo entre os profesionais educativos e sanitarios, sempre coa conformidade da familia.
Unha vez aplicadas as medidas de atención á diversidade por parte do centro educativo, poderá iniciarse o Protocolo de Derivación á USM-IX co obxecto de solicitar aos servizos médicos unha valoración que permita completar a intervención global. Para as sucesivas consultas, utilizarase o Protocolo de Seguimento Psicopedagóxico no que se reflectirá a evolución do/a alumno/a dende a anterior cita do servizo de saúde mental infanto-xuvenil.