23 de abril: Día Internacional do Libro

Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas...
Xov, 11/10/2012 - 11:30
23abril

Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas:

A POESÍA É VERDADE (Celso Emilio Ferreiro)

Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumes e os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que laboran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.

Home total,
que vas e ves sen sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na experiencia dun día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxícoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.

Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.