Publicación das listaxes de persoal en expectativa de destino, interino e substituto para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2012/2013 do profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ...,
De acordo co establecido na base trixésima primeira da Orde do 5 de xuño de 2012 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ábrese un prazo de 10 días naturais para que o persoal docente formule as reclamacións que entenda oportunas.
Xúntase as listaxes do profesorado en expectativa de destino, interino e substituto.
Códigos dos centros que se poden solicitar
Listaxe do profesorado en expectativa de destino
Listaxe de interinos e substitutos (por número de orde)
Listaxe de interinos e substitutos (orde alfabética)
Listaxe provisional de destinos
Listaxe da adxudicación definitiva por orde alfabética