Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2012/2013, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...
Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2012 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2012-2013, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao , persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
- Prazo para cubrir a instancia na web:
Para o profesorado desprazado e en expectativa de destino, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 5 de xuño de 2012: Normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2012/2013 (DOG)
Códigos dos centros que se poden solicitar
Listaxe do profesorado en expectativa de destino
Listaxe de interinos e substitutos (por número de orde)
Listaxe de interinos e substitutos (orde alfabética)
Listaxe provisional de destinos
Listaxe da adxudicación definitiva por orde alfabética
Listaxe da adxudicación definitiva por especialidades
Resolución do 12 de setembro de 2012: Adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2012-2013 (DOG)
Instrucións para o profesorado que obtivo destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais