Título node Learning object
A Fundación María José Jove e COGAMI organizan por terceiro ano consecutivo "Aprendendo a Incluír. III Xornada da Discapacidade: o deporte, un camiño para a inclusión". Unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, sobre a realidade da inclusión e que nesta edición centrarase no deporte como vía de inclusión.
Durante a xornada, que terá lugar o mércores 9 de abril, abordaranse os beneficios do deporte en dous eixos de traballo, un de mañá coa participación de centros educativos (actividade pechada) e outro de tarde aberto ao público en xeral.
Na sesión matinal (actividade pechada para o alumnado de 6º de educación primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros) o alumnado terá a oportunidade de escoitar aos deportistas Alberto Seoane, paralímpico na disciplina de tenis de mesa, e Senén Álvarez, surfista. Ambos compartirán as súas experiencias sobre como o deporte foi para eles unha vía de inclusión.
A sesión da tarde será aberta ao público e terá lugar en horario de 17.30 a 19.00 horas. Participará Alberto Seoane que relatará a súa experiencia deportiva, pero tamén a súa traxectoria profesional como economista. A continuación, celebrarase unha mesa redonda con testemuños prácticos do propio Alberto, acompañado por Xabier Casal, responsable de Actividade Física Saudable da Fundación María José Jove; José R. López Gacio, profesor de judo e pai dunha moza con discapacidade; e Juan Miguel Díaz Vázquez, profesor de Educación Física.
A entrada é gratuíta previa inscrición en www.fundacionmariajosejove.org.
Para ampliar información cumpirá consultar o programa que se xunta.