Título node Learning object
Primavera das letras 2025
Mér, 19/03/2025 - 09:14
A Real Academia Galega xa ten dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral.
Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.
Máis información sobre actividades e outros contidos para o Día das Letras Galegas 2025 na web da Real Academia Galega