Título node Learning object
Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal
Mér, 19/03/2025 - 08:25
A proposta "Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal", que se desenvolverá en Compostela o venres 4 de abril, pretende visibilizar e difundir dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas, da primaria á universidade; tender pontes entre ensino e audiovisual profesional, grazas á perspectiva de institucións como a Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura ou a Agadic; e facer un intercambio con prácticas de Portugal.
Información ampliada e inscrición gratuíta nesta ligazón. O número de prazas é limitado (100 persoas) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Lugar: Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela)