Título node Learning object
Conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down
Mar, 18/03/2025 - 09:27
O venres 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo, como un símbolo en referencia á triplicación do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.
Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional invitamos a todos os centros educativos de Galicia a dar visibilidade a esta alteración cromosómica.
No documento que se xunta recóllense diversos recursos para traballar nas aulas das distintas etapas educativas.