Título node Learning object
Publicouse no BOE o extracto de Resolución da convocatoria de prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía e Rusia para o curso 2025/26. O prazo de presentación comeza o día 13 de marzo e finaliza o día 2 de abril de 2025. En total son 131 prazas para profesorado de secundaria, principalmente, e primaria. Na seguinte ligazón poderase consultar a información da convocatoria:
Desde a Unidade de Acción Educativa no Exterior vaise realizar unha sesión informativa en líña o próximo día 18 de marzo ás 17.00 horas (hora peninsular). Facilítase a ligazón para asistir á sesión e o acceso ao formulario para que o profesorado interesado poida expor preguntas antes do webinario:
https://linktr.ee/SeccionesBilingues