Título node Learning object
AGAPEMA: convocatoria da "Olimpíada Matemática 2025"
Mar, 11/03/2025 - 10:04
A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convoca a Olimpíada Matemática 2025. Trátase dun concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 2º de ESO. Consta de diferentes fases, puidendo chegar ata a fase nacional. O alumnado participa de xeito individual.
A fase de zona celebrarase o 24 de abril e o alumnado finalista terá a fase final o 15 de maio.
Os prazos de inscrición e toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/olimpiada-matematica/