Título node Learning object
XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
Mér, 05/03/2025 - 10:39
Convócase o XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e de escolas de arte de Galicia (límite de idade ata 21 anos). De tema libre, cada persoa participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor, sen marcas de auga e dixitalizadas para a súa presentación.
Data límite de entrega: antes do 31 de marzo de 2025.
A información complementaria sobre os requisitos, forma e lugar de presentación das obras, contía dos premios e demais pormenores do concurso poderase consultar nas bases que se xuntan.