G2401133 Formación do solo. Un enfoque STEM integrado

Formación do solo.
Un enfoque STEM integrado
Dom, 23/02/2025 - 17:14
G2401133  Formación do solo. Un enfoque STEM integrado

Últimas prazas para inscribirte na actividade G2401133 Formación do solo. Un enfoque STEM integrado.

Obxectivos

  • Investigar e discutir sobre o que é o solo, por que a súa saúde é importante para a humanidade e como se pode ensinar o seu coñecemento dunha forma atractiva e interdisciplinaria.
  • Aprender a ensinar e combinar coñecementos e prácticas relacionadas con diferentes dimensións da saúde do solo, tales como: dimensión económica, social, ética, biolóxica e química.
  • Aplicar o aprendido deseñando un escenario de aprendizaxe sobre a saúde do solo listo para ser usado nas actividades diarias.

Contidos

  • Introdución á educación do solo .
  • Educación sobre o solo e o modelo didáctico BSCS.
  • Educación do solo, máis alá dunha perspectiva STEM .
  • Avaliación de actividades educativas sobre solos.

Observacións

Esta actividade desenvólvese na plataforma European SchoolNet e será toda en inglés polo que se debe ter un dominio do idioma.