Título node Learning object
A Xunta de Galicia, en colaboración con Avincis e co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), ofrecen aos centros educativos da provincia de Lugo a actividade "Fly the future", que ten por obxecto espertar entre o alumnado de secundaria a vocación polas carreiras universitarias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
A actividade materialízase nunha visita ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados co que conta Avincis no Parque Industrial de Rozas en Castro de Rei (Lugo) e ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas da man do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). A actividade é totalmente gratuíta para os centros.
Lugar: Aeródromo de Rozas - 27271 Castro de Rei (Lugo).
Duración: 1h 45 minutos. Hora de inicio 10.00 h.
Dirixido a estudantes de educación secundaria de Lugo. Actividade gratuíta.
Datas: venres de 2025.
Inscrición no seguinte formulario: https://www.civiluavsinitiative.com/gl/visitas-programa-vocacions/#
Para ampliar información cumprirá consultar o documento informativo que se xunta.