Título node Learning object
A Real Academia Galega e PuntoGal mateñen aberto durante o mes de febreiro o prazo para participar no seu VIII Concurso de microrrelatos. Organizan conxuntamente este concurso que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
Ambas as institucións concederán nove premios, tres en cada unha das categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.
Os textos terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído). As bases e demais detalles da convocatoria poden consultarse en relatos.gal.
O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do sábado 1 de febreiro ata as 23:59 horas do venres 28 de febreiro de 2025.