Título node Learning object
Xornadas GÁLIX. Desfacendo a RAIA XIV
Mér, 22/01/2025 - 18:19
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) desenvolve as xornadas "Desfacendo a RAIA XIV, os movementos migratorios na LIX". Estarán presentes profesionais do mundo do libro, da creación, da tradución, da ilustración, da investigación literaria e da edición como Lois Pérez, Marta Neira, Rosa Aneiros, Beatriz Maceda, Iago Nicolás, Carlos Labraña, Celia Díaz, Susana Suniaga e Laura Rodríguez.
Lugar de celebración: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, avenida Xoán XXIII, 15782 Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: presencial ata completar aforo.
Data: 29 e 30 de xaneiro, e 5 de febreiro de 2025 (consultar programa adxunto)
Horario: de 17.00 h a 20.00 h