Título node Learning object

Convocado o terceiro certame do concurso O Meu Libro Preferido
Mér, 22/01/2025 - 17:16
Cartel

 

O Meu Libro Preferido é un certame de fomento da lectura patrocinado pola Fundación José María Lara en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO que curse as ensinanzas en centros educativos públicos ou privados. 

O alumnado interesado poderá participar na modalidade textual en lingua galega ou castelá ou na modalidade podcast, tamén en ambas as linguas.

As persoas gañadoras recibirán un premio ao mellor texto elaborado ou ao mellor podcast e poderán asisitir á gala de entrega de premios que terá lugar no terceiro trimestre deste curso.

O prazo de participación finaliza o 31 de maio de 2025.

Cumprirá consultar as bases no documento que se xunta e a información ampliada no espazo web:

 https://milibropreferido.es/galicia/