Título node Learning object

Convocatoria do IV Día GeoGebra de Galicia
Mér, 15/01/2025 - 08:44
Portada1
Portada 2

O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o IV Día GeoGebra de Galicia. Este ano celebrarase o 15 de febreiro no IES As Lagoas (Ourense).
O Día GeoGebra é unha xornada cuxo fin é intercambiar coñecementos e experiencias sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra.

A xornada está homologada con 8 horas de formación por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Os prazos para presentar comunicacións, inscrición e toda a información pódese atopar en: https://agapema.org/instituto-geogebra/