Título node Learning object

Concurso escolar "Non deixes que o tabaco entre na túa vida"
Ven, 13/12/2024 - 15:50
Portada 1
Portada 2

O Grupo Español de Cáncer de Pulmón (GECP) en colaboración con Bristol Myers convocan a IV edición do concurso escolar "Non deixes que o tabaco entre na túa vida" co obxecto de concienciar sobre as consecuencias na saúde derivadas do consumo desta substancia. O aumento do consumo do tabaco e dos produtos de vapeo entre a mocidade constitúe un problema social e unha preocupación para a Fundación GECP , principal grupo investigador nacional en cancro de pulmón, formado por máis de 600 especialistas e 190 centros hospitalarios de todo o país. Na actualidade un de cada cinco adolescentes de entre 14 e 18 anos consume algún derivado do tabaco.

O alumnado interesado en participar deberá realizar un tiktok en formato storytime onde se relaten situacións con persoas fumadoras, a súa experiencia con estes produtos, como ven ás persoas que fuman, onde se inste a deixar o tabaco e/ou que se reflictan as consecuencias que derivan do seu consumo.

Está dirixido ao alumnado de entre 12 e 16 anos que curse 2º, 3º ou 4º da ESO.

O proceso de inscrición, requisitos do concurso, premios e demais información poderase consultar nas bases que se xuntan e tamén a través desta ligazón