Título node Learning object
Con motivo do 20º aniversario de Europass e o 5º desde o lanzamento do novo Portal, o Centro Nacional Europass (CNE) do SEPIE pon en marcha unha nova edición do concurso escolar "Impulsa a túa empregabilidade coas ferramentas dixitais de Europass" co obxecto dar a máxima difusión á plataforma entre o alumnado español.
O CNE pretende así que a nosa mocidade coñeza por si mesma todas as ferramentas dixitais e posibilidades que ofrece o Portal para que poidan, nun futuro próximo, potenciar as súas opcións de empreabilidade cando queiran dar o salto ao mundo laboral.
A participación poderá ser de individual ou en parellas e implica a elaboración dun vídeo gravado en español ou en inglés, de un minuto de duración como máximo baixo o título "Impulsa tu empleabilidad con las Herramientas Digitales de Eurpoass" / “Boost your Employability with the Europass Digital Tools”. O concurso vai dirixido a estudantes de entre 14 e 18 anos de calquera etapa educativa e modalidade de ensinanza non universitaria.
Prazo de presentación: ata o 27 de xaneiro de 2025.
Imprescindible consultar as bases do concurso, forma de inscrición, modelos de documentos e información complementaria nesta ligazón