Título node Learning object

VII Edición Premios Isabel Zendal
Mar, 03/12/2024 - 12:40

A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte, e en colaboración co Círculo Escéptico, organiza a VII Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en educación secundaria e bacharelato.

Este concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.

O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.

Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do  coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas. Desde este marco de comunicación científica, tamén se valorará que sexan  sensibles á erradicación das diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.

O prazo de presentación de traballos  remata o día 24 de abril de 2025 ás 14:00 h.

Para ampliar información sobre a inscrición, contía dos premios, requisitos e outros datos de interese consultar as bases do concurso no documento adxunto.