Título node Learning object
Convócase a 10ª edición do eMove, o Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais. A súa sección "Educación Audiovisual" pretende motivar o profesorado a incorporar a educación en valores mediante o emprego de metodoloxías activas baseadas na produción de obras audiovisuais, así como favorecer entre o alumnado a afección polas artes audiovisuais tanto como actividade de lecer e fonte de información e enriquecemento cultural, como recurso en prol do crecemento persoal. As producións competirán en función da súa sección: Curtametraxe de ficción ou animación, video clip, videoxogo, reportaxe, documental, spot, fotografía e videodanza. As categorías organízanse en función da etapa educativa.
Prazo de inscrición: ata o 31 de maio de 2025.
Información ampliada, inscrición e bases na seguinte ligazón: