Título node Learning object

Concurso: "Deseña a túa nave espacial" e "Crea o teu propio aeroporto"
Mar, 03/12/2024 - 09:00
Portada

O Colexio Oficial de Enxeñaría Aeronáutica de España (COIAE) en colaboración coa Asociación Ellas Vuelan Alto (EVA) impulsan un concurso co obxecto de promocionar entre os nenos e as nenas a enxeñaría e as carreiras STEM e asemade fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades entre mulleres e homes. O concurso busca espertar a curiosidade do público máis novo por estes ámbitos a través da creatividade e a diversión.

Propóñense duas modalidades de concurso: "Deseña a túa nave espacial" e "Crea o teu propio aeroporto". Imprescindible consultar a información das bases no documento adxunto.

O concurso está dirixido a nenos e nenas de entre oito e doce anos de toda España.

Data de presentación dos proxectos: ata o 31 de xaneiro de 2025.